jueves, 17 de mayo de 2018

lunes, 7 de mayo de 2018

39 cuestións para ser docente no ensino público



A sección de Xuventude/ensino ven de artellar unha campaña para apoiar e animar o alumnado interesado en acceder ao ensino público, aproveitando o bo número de prazas convocadas ao abeiro do Acordo pola Mellora do Emprego Público asinado por CCOO.  Nas charlas informatiavas, que tiveron lugar en todos os campus galegos,  explicáronse cuestións relativas a sistemas de acceso á función pública docente e sobre todo as modificacións que recolle o novo Real Decreto de acceso. As nosas compañeiras informaron tamén sobre o Acordo pola Mellora do Emprego Público que CCOO asinou en Madrid no que se prevén amplas convocatorias de oposicións para os anos 2019 e 2020. 

lunes, 30 de abril de 2018

Primeiro de Maio do 2018 MELLOR EMPREGO, MAIORES SALARIOS PENSIÓNS DIGNAS E MÁIS IGUALDADE


MELLOR EMPREGO, MAIORES SALARIOS
PENSIÓNS DIGNAS E MÁIS IGUALDADE


Neste Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, CCOO e UGT animamos as traballadoras e traballadores a participaren na loita contra a crecente precariedade e desigualdade laboral, agravadas polos anos de crise económica, polas reformas laborais e polas políticas de austeridade impostas polos sucesivos gobernos desde o 2008.

A economía galega leva catro anos crecendo, un 3,1 % no 2017, e as previsións son dun 2,5 % para o 2018. Xa hai máis empresas con beneficios ca antes da crise e os dividendos repartidos están en máximos. Pero a desigualdade e a pobreza acadan niveis moi superiores aos que había antes da crise. A pobreza cronificouse: 67.500 fogares teñen todos os seus membros activos en paro e 34.700 persoas carecen de ingresos. O emprego crece, pero á custa de maior precariedade, pois segue aumentando o número de persoas en risco de pobreza.

AS POLÍTICAS ECONÓMICAS SEGUEN XERANDO PRECARIEDADE E DESIGUALDADE

A desvalorización salarial e a precarización das condicións de traballo, promovidas pola reforma laboral, fomentan unha recuperación baseada nunha repartición desigual da riqueza e un modelo de crecemento asentado en actividades pouco produtivas. Hoxe en día:

• Nove de cada dez contratos son temporais e a súa duración media é cada vez menor: case a cuarta parte deles duran menos dunha semana.

• A rotación laboral, tanto entre o emprego temporal como entre o indefinido, aumentou coa crise e acelerouse tras a reforma laboral de 2012.

• A contratación a tempo parcial, na maioría dos casos involuntaria, gañou peso nestes últimos anos. Ademais, o 77 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres e constitúe un dos factores da brecha salarial de xénero.

• As mulleres deixaron de percibir, por un traballo igual ou de igual valor, case 5000 euros ao ano.

• Baixa o paro, pero a cifra de persoas desempregadas continúa sendo moi alta (máis 3,7 millóns en España e máis de 180.000 en Galicia). O paro de longa duración (máis dun ano sen emprego) afecta o 47,5 % das persoas desempregadas.

• Os niveis de protección contra o desemprego seguen en mínimos: o 53,7 % das persoas desempregadas con experiencia laboral carecen de cobertura.

• Aumentou a sinistralidade laboral. Durante os últimos cinco anos, faleceron case trescentas traballadoras e traballadores en accidente de traballo e existe unha gran cantidade de enfermidades de orixe profesional non declaradas como tal.

• A organización empresarial transfórmase para maximizar o beneficio á conta dos dereitos laborais: desde a expansión das empresas multiservizos con salarios mínimos e máxima precariedade contractual, ata o recente fenómeno das plataformas dixitais que empregan falsos autónomos.

• Están a implantarse fórmulas abusivas de organizar o tempo de traballo con total discrecionalidade empresarial e con alongamentos de xornada que nin se retribúen nin se compensan.


A PATRONAL RESÍSTESE A QUE OS SALARIOS RECUPEREN PODER ADQUISITIVO

A negociación colectiva atópase constrinxida polas medidas regresivas adoptadas polas reformas laborais e pola actitude de patronais e empresas, que se resisten a reverter nas traballadoras e traballadores os efectos positivos do crecemento da economía.

UGT e CCOO afirmamos que é de xustiza que, nesta etapa de recuperación económica, a negociación colectiva reflicta unha mellora substancial dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Tamén esiximos o aumento dos compromisos empresariais en relación coa estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección da saúde e o investimento produtivo.

Propómonos lanzar unha crecente mobilización laboral e social que obrigue tanto as patronais como o Goberno (e os grupos parlamentarios que o apoian) a abordar as reformas necesarias en materia de negociación colectiva e de emprego de calidade.

O recente acordo asinado no ámbito do emprego público é un exemplo de recuperación salarial e da estabilidade do emprego, que haberá que seguir desenvolvendo noutros niveis de negociación coas Administracións e organismos públicos.

CCOO e UGT consideramos imprescindible recuperar o papel central dos convenios sectoriais estatais, así como derrogar os aspectos regresivos das reformas laborais. Esiximos tamén a derrogación da lei mordaza e a absolución dos case trescentos sindicalistas que seguen procesados ou condenados simplemente por manifestarse ou participar nun piquete informativo.

O GOBERNO, MÁIS PENDENTE DE XESTOS QUE DE CONSOLIDAR DEREITOS

UGT e CCOO consideramos que os Orzamentos Xerais do Estado para 2018, cos que o Goberno se esforza en dar unha aparencia social, profundan nas mesmas políticas regresivas, non contribúen a repartir a riqueza nin apostan polo cambio produtivo.

A garantía do estado do benestar para toda a cidadanía precisa dun sistema fiscal xusto e suficiente, no canto de recorrer sistematicamente ao anuncio demagóxico de rebaixas fiscais que nada solucionan e que terminan por beneficiar os que máis teñen.

As medidas incluídas en relación coas pensións son insuficientes e non corrixen os efectos negativos da reforma das pensións de 2013, imposta polo PP grazas á súa maioría parlamentaria. A amplitude e constancia da mobilización social en defensa das pensións fixo que o Goberno teña que modificar as súas formulacións iniciais. Con todo, continuaremos coas mobilizacións.

CCOO e UGT esiximos a posta en marcha inmediata da prestación de ingresos mínimos, avalada por máis de 700.000 sinaturas. Estase a tramitar no Parlamento, onde o PP e C’s a manteñen bloqueada desde hai máis dun ano. Urxe tamén instaurar un sistema público de servizos sociais como o cuarto alicerce do estado do benestar e reformar o sistema de prestacións por desemprego para garantir unha cobertura xeral e cunha prestación digna.

É tempo de gañar
Reclama os teus dereitos
Mobilízate!



MANIFESTACIÓNS DE CCOO E UGT
O PRIMEIRO DE MAIO:


— A CORUÑA: saída ás 12 horas da praza da Palloza
— FERROL: saída ás 12 horas do Inferniño
— SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída ás 11:30 horas da Alameda
— LUGO: saída ás 12:30 horas do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— VIVEIRO: saída ás 12 horas do edificio de sindicatos (García Dóriga)
— OURENSE: saída ás 12 horas do pavillón dos Remedios
— PONTEVEDRA: saída ás 12 horas da praza da Ferrería
— VILAGARCÍA DE AROUSA: saída ás 12 horas da praza de Ravella
— VIGO (acto central): saída ás 11:30 horas da Vía Norte

jueves, 26 de abril de 2018

Conferencia: Acoso Sexual no contexto universitario I



O pasado día 13 de abril, tivo lugar na Universidade de Vigo a conferencia  "Acoso sexual no ámbito da universidade" a cargo de Patricia Melgar Alcantud, profesora na Universitat de Girona e recoñecida investigadora en temas relacionados coa violencia de xénero, A prensa xeral e tamén especializada ten destacado a relevancia do seu artigo Breaking the Silence at Spanish Universities. Findings From the First Study of Violence Against Women on Campuses in Spain

A preocupación pola dificultade que implica abordar este tema no noso ámbito, empurrounos traballar na recompilación de información e recollida de datos. Felizmente, a profesora Melgar contribuiu a esclarecer o tema e forneceunos de ferramentas de traballo que serán moi efectivas para a intervención e a solución deste problema na nosa insititución.

Cando comentabamos na comunidade universitaria a nosa intención de organizar este acto observamos unha sorpresa xeneralizada que delataba desconcerto ante un problema que semellaba non existir no noso ámbito. Pero non podemos esquecer que se o acoso sexual existe na sociedade é evidente que, como parte dela, temos, cando menos, a mesma cota de participación. 

Así que a primeira medida para afrontar o problema ten que ser precisamente, recoñer que entre nós hai persoas que acosan e persoas que son vítimas de acoso.

O máis suxerente e atractivo da xornada de traballo foi precisamente este convencemento de que hai un problema e existen ferramentas para abordalo. Interiorizando a coñecida premisa de que se non formas parte da solución, eres parte do problema, decatabamonos de que malia ter ferramentas normativas, teóricas e informativas ao noso dispor (véxase a completa información que recolle a nosa web da área de igualdade), non se axuda de xeito efectivo. E esto e así porque a información que falta é a que verdadeiramente se precisa:  a concreta sobre o tema de acoso entre nós (qué casos se dan, cómo se resolven, cómo se protexe a confidencialidade, etc.). Esta ausencia delata unha desacougante e persistente incapacidade para facerlle fronte a  este problema. Agocharnos na falla de denuncia das vitimas deixou de ser unha escusa hai tempo, xa o sabiamos, e cómpre atopar novas vías.

Estas novas vías de traballo atopámolas en contextos máis desenvolvidos, nos que cicais os problemas se estén resolvendo, non porque haxa máis acosadores, senón porque os casos denúncianse (pódense denunciar, queremos dicir, sen perigo para a vitima) e, ó sair á luz pódense artellar medidas concretas que xustifican a aplicación de recursos humanos e orzamentarios para a súa resolución. Neste eido, pareceunos do máis relevante a experiencia que nos trouxo das universidades norteamericanas. Algunhas delas incluso explican en follas informativas tanto a novos estudantes como ao persoal de novo ingreso, os tipos acoso sexual que se están denunciando e os xeitos de abordalos que plantexa a institución. A profesora Melgar compartiu connosco algunhas destas experiencias e as medidas que incluso dende o goberno federal se tiñan activado, como o Green Dot, programa nomeado por Obama como modélico na loita contra o acoso sexual na contorna dos campus universitarios. 

PRÓXIMAS ACHEGAS:

 II. Por un campus libre de violencia: Medidas concretas: ¿que facer? ¿cómo axudo se coñezo algún caso de acoso sexual?

III. O Acoso sexual de Segunda Orde (ASSO. Qué é como axuda a desactivar á persoa que acosa?


martes, 24 de abril de 2018

Eleccións á Reitoría na Universidade de Vigo.


NO DUVI:  Pachi Reigosa é elixido reitor da Universidade de Vigo con máis do 57% dos votos
No Faro de Vigo:   Reigosa, sexto rector con el apoyo mayoritario de todos los sectores. 
Na Voz de Galicia: Cambio de rectores en als universidades de Santiago y Vigo.



martes, 17 de abril de 2018

Sentenza contra impugnación de RPT do persoal funcionario da Universidade de Vigo.

Sentenza do Xulgado Contencioso / Administrativo N.1 de Vigo, DESESTIMATORIA do recurso contencioso-administrativo interposto contra a Universidade de Vigo contra a Resolución que acordou a publicacón da Relación de Postos de Traballo.

sábado, 14 de abril de 2018

Mobilizacións Por Pensións Dignas



CCOO e UGT chaman á mobilización este domingo nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas
  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia chaman a cidadanía a participar o próximo domingo, día 15, nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas para demandar unhas pensións dignas. Afirman que o Goberno debe rectificar e revalorizar as pensións para garantir o seu poder adquisitivo e a viabilidade do sistema público de pensións.

Estas mobilizacións dan continuidade á campaña desenvolvida desde o pasado mes de setembro a prol do traballo e das pensións dignas. Ademais, CCOO e UGT situarán estas reivindicacións como un dos eixes do próximo Primeiro de Maio.

Para ambos os sindicatos, as medidas adoptadas polo Executivo nos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) nesta materia son «parciais e insuficientes»: non van solucionar o problema presente e futuro das pensións.

Desde a reforma das pensións do ano 2013, as persoas pensionistas perden poder adquisitivo e ven como o Goberno saca diñeiro do peto das pensións mentres rescata autoestradas. A propia OCDE afirma que a revalorización mínima das pensións debe ser a dos prezos, que xa é superior ao 1,6 %; porén, decidiuse subilas un 0,25 %, unha media de 1,6 euros ao mes.

As medidas previstas nos orzamentos estatais son «curtopracistas, discriminatorias e electoralistas, moi afastadas do que propuxemos CCOO e UGT», denuncian os sindicatos. Reivindican que os OXE inclúan a revalorización das pensións en base ao IPC, a revisión das fontes de financiamento do sistema e a fin do déficit da Seguridade Social. Deberan tamén prever a eliminación dos copagamentos farmacéuticos e refrotar o sistema de protección por desemprego.

A sociedade está farta de escoitar que o sistema de pensións non é viable. España destina ás pensións, na actualidade, entre 3 e 4 puntos menos do PIB que Italia, Francia ou Alemaña; polo tanto, hai marxe. O sistema público de pensións constitúese como un sistema solidario e como principal fonte do estado de benestar; está baseado na solidariedade de toda a sociedade e o problema das pensións non é de diñeiro, senón de falta de vontade política do Goberno e dos partidos que aproben finalmente os OXE.

O problema de ingresos hai que acometelo quitándolle á Seguridade Social gastos que non lle corresponden, como os da súa propia estrutura, que deben ir a conta dos OXE. CCOO e UGT insisten en que non se pode seguir xogando coas pensións. Se o país xera riqueza hai que repartila. Hai que lembrar que na actualidade, en Galicia, a pensión media non supera os 788,49 euros (918 euros no Estado) e que o 64 % das pensións galegas (o 50 % das estatais) non chegan ao SMI.

Para CCOO e UGT, é a hora de ir «á ofensiva» en defensa das pensións. «O 15 de abril hai que encher as rúas de xuventude, pensionistas, xubilados, homes e mulleres decididos a loitar para reverter os recortes e recuperar dereitos», conclúen os sindicatos.

MOBILIZACIÓNS

— A Coruña: concentracións ás 12 horas no Obelisco
— Ferrol: manifestación ás 12 horas desde a praza de España
— Santiago: manifestación ás 12 horas desde a praza de Cervantes
— Lugo: manifestación ás 12:30 horas desde o edificio da Xunta
— Ourense: concentración ás 12 horas na praza Maior
— Pontevedra: concentración ás 12 horas na praza de España
— Vigo: concentración ás 12 horas diante do museo MARCO
— Concentracións ás 12 horas diante dos Concellos de Viveiro, Foz, O Barco de Valdeorras, O Grove e Vilagarcía de Arousa


lunes, 9 de abril de 2018

Conferencia: O acoso sexual no ámbito da Universidade




O vindeiro venres 13, ás 11.30 no Salón de Graos da Facultade de Económicas terá lugar unha xornada de traballo sobre "Acoso sexual no ámbito da universidade" a cargo de Patricia Melgar Alcantud, doutora en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona, profesora na Universitat de Girona e recoñecida investigadora en temas relacionados coa violencia de xénero, xénero e educación, teoría da educación e educación superadora das desigualdade. A prensa xeral e tamén especializada ten destacado a relevancia do seu artigo Breaking the Silence at Spanish Universities. Findings From the First Study of Violence Against Women on Campuses in Spain


Agardamos que sexa do interese de toda a comunidade universitaria

miércoles, 7 de marzo de 2018

FOLGA 8 DE MARZO. CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, CONTRA A FENDA SALARIAL, CONTRA A PRECARIEDADE NO EMPREGO

CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, CONTRA A FENDA SALARIAL, CONTRA A PRECARIEDADE NO EMPREGO
A sección sindical de CCOO anima a todas as compañeiras e compañeiros da Uni versidade de VIgo a participar na folga convocada para o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, contra a persistente  desigualdade, as fendas de xénero e a discriminación salarial, económica e social que sofren as mulleres, e para amosar o profundo rexeitamento ás violencias machistas e á insuficiencia de medidas en todos os ámbitos para a prevención e protección das víctimas de violencia de xénero.

Facemos un chamamento aos compañeiros da Universidade de VIgo  para que apoien a folga e os paros, facilitando que as súas compañeiras poidan acudir ás concentracións convocadas en distintos emprazamentos durante os paros e a sumarse eles tamén.

jueves, 22 de febrero de 2018

O Xulgado do Contencioso de Vigo ven de recoñecer o dereito á indemnización ás funcionarias interinas da Universidade de Vigo

O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo acaba de recoñecer nas súas sentenzas do pasado 14 de decembro o dereito de varias funcionarias da Universidade de Vigo cesadas, a percibir unha indemnización equivalente a 20 días por ano traballado.

   Estas sentenzas supoñen un chanzo máis no percorrido a partir da aplicación da doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Tamén o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo, o pasado 8 de xaneiro ten recoñecidos outros dous casos semellantes aínda que falta a sentenza firme. 

   Todas estas personas tiñan sino nomeadas funcionarias interinas para a realización de tarefas de xeito temporal, pero os seus contratos foran prorrogados de xeito continuado polo que doadamente se deduciu que eran contratos en fraude de lei, ao seren contratadas persoas de xeito temporal para necesidades de carácter estructural. É dicir, que mediante estas contratacións precarizouse de xeito continuado a un número importante de traballadoras que, de socato, viron ademais finalizada a súa relación laboral de xeito totalmente arbitrario, sen que se articulasen políticas activas de estabilización do emprego por parte da Universidade. Dende este sindicato, consideramos abusivas estas prácticas na contratación que non só afectan ás persoas directamente cesadas, senón que introducen moita desconfianza na propia institución. As necesidades estructurais na Universidade débense cubrir con emprego de calidade, é dicir, con emprego estable e non suxeito ás arbitrariedades das decisións do xerente de recursos humanos de turno. A Universidade de Vigo, como institución pública e financiada a cargo de orzamentos públicos debe conformar Ofertas de Emprego de calidade e ser exemplo de creación de emprego e non de recortes e prácticas que como agora vemos, son doadamente sancionadas polos tribunais como fraudes de lei. Hai que ter en conta, ademáis, que estas sentenzas refírense só a casos en que os despidos foron axustados a dereito, é dicir, que recoñecen o dereito a unha indemnizacion equivalente ao cese obxectivo no posto de traballo derivada do uso abusivo de encadeamento de contratos, pero queda por ver se hai casos, como intuimos, de despidos improcedentes. Queremos lembrar que na cuestión do cese non axustado a dereito, tense solicitado novamente cuestión prexudicial ao Tribunal da Unión Europea dende o Tribunal Supremo, para que se pronuncie con máis claridade ao respecto. Máis alá desta argumentación, unha das conclusións a destacar das sentenzas estimatorias do Xulgado do Contencioso de VIgo (tendo en conta as circunstancias de cada caso) é que sostén que a Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de setembro de 2016 veu a equiparar o dereito dxs funcionarixs interinxs ao do resto dxs traballadorxs tras a finalizacón do seu contrato. 

Fonte: Reconocimiento de indemnización por cese a funcionarios interinos de la Universidad de Vigo. Doctrina del JUE relativa a la Directiva 99/70/CE 

jueves, 8 de febrero de 2018

Predoctorais, o límite nas horas de colaboración docente.

Fonte: Norma Comics
Procura AQUÍ o libro na Biblioteca da Universidade de Vigo




Algunhas asembleas de predoctorais defenderon o pasado ano que a colaboracón docente tivera un máximo de 180 horas no total do contrato, pero ante a aparición dun novo límite (240 horas) nas FPU/2017 outros colectivos predoctorais teñen reivindicado igualarse. 


Dende CCOO queremos coñecer a opinión do noso colectivo propio polo que pedimos colaboración na difusión desta enquisa de cara á negociación do Estatuto do Persoal Investigador en Formación (EPIF)  coa Secretaría de Estado (I+D+i (SEIDI)

jueves, 25 de enero de 2018

Incomprensible negativa das Reitorías a acatar a Senteza sobre avaliación de actividade investigadora

Incomprensible negativa das Reitorías a acatar a Senteza sobre avaliación de actividade investigadora

Malia que o MECD emitiu unha nota informativa aclarando que a Sentenza gañada por CCOO para PDI funcionario tamén se podía aplicar ao persoal contratado laboral, os Reitores néganse a aplicala.
La UCM fue la segunda en modificar su convocatoria,
aunque solo de manera limitada para PCD interino
[ver enlace a las modificaciones más abajo]

Só uns poucos, moi poucos rectores, teñen modificado as convocatorias de avaliación de sexenios para seu PDI contratado laboral.  Incomprensible se consideramos que o MECD, na súa nota informativa [clic aquí para ver la nota], deixaba perfectamente claro que a CNEAI-ANECA non poría trabas a esas modificacións.

A só 7 días de finalizar o prazo, a CRUE non se ten pronunciado públicamente nin emitiu ningunha recomendación ás universidades, deixando que cada unha actúe segundo seu criterio e provocando diferencias discriminatorias entre unhas e outras.

Aínda que a sentencia gañada por CCOO era de aplicación directa á convocatoria para os corpos docentes, recoñecendo o dereito á avaliaión de sexenios para PDI funcionario temporal, seus fundamentos xurídicos foron tan determinantes que o propio Ministerio elaborou unha nota informativa recomendando ás Reitorías que modificaran as súas convocatorias para permitir tamén a avaliación do PDI contratado laboral temporal.

A nota do MECD deixaba claro que podía acceder á avaliación todo "el personal contratado doctor de naturaleza temporal", e con esta actitude, a maioría das Reitorías están considerando que as súas universidades non teñen a ninguén que reúna esa condición (¿de verdade non hai persoal con contrato laboral temporal que sea doctor na túa universidade?). As poucas que teñen aplicado a modificación restrinxen ese dereito só a Profesorado Contratado Doutor interino, excluíndo ao resto.

Malia todo, esta condición a cumpren igualmente figuras como o Profesorado Axudante Doutor e outras vinculadas a programas de contratación postdoctorais (Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, etc.). Non comprendemos o interese das Reitorías en reter a información sobre esta cuestión e non aplicar en toda a súa extensión este dereito a seu PDI. ¿están agardando a que se peche o prazo de solicitudes e, polo tanto, retrasando esa avaliación un ano máis?, ¿Non queren que as súas universidades aumenten o número de Sexenios de investigación? ¿Cómo quedan seus discursos de mellora da calidade ante esta actitude? 

CCOO entende que, a teor das Sentenzas e da Resolución e nota informativa do MECD dos días 11 e 12 de xaneiro, xs Contratadxs Doutorxs interinxs, Ayudantes Doutorxs e contratadxs postdoctorais (Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, etc.) xa poden presentar as súas solicitudes de avaliación (en xeral todo o que poida entrar no concepto empregado polo MECD na súa nota informativa: "personal contratado doctor de naturaleza temporal").

Os nosos Servizos Xurídicos entenden que este dereito esténdese ao resto das categorías temporais do PDI laboral aínda que as universidades e a ANECA non se pronuncien. Para CCOO, independentemente da denominación contractual, o dereito á avaliación da actividade investigadora corresponde a todo aquel persoal docente e/ou investigador que, prestando servizos mediante contrato laboral nunha universidade pública, poida acreditar a actividade investigadora exigida na convocatoria, con independencia de tratarse dunhas figuras a tempo completo ou parcial, indefinidas ou temporais, permanentes ou non permanentes salvo que concorran razóns obxectivas e suficientes que xustifiquen outro tratamento. 

Débese concluir que a avaliación da actividade investigadora é un dereito de todo o personal docente e investigador que poida acreditar méritos suficientes, independentemente do tipo de contrato temporal que teña suscrito, polo que CCOO continuará exercendo as accións legais precisas para obrigar ás reitorías a respectar o dereito do seu PDI contratado laboral, permanente oo temporal, tanto no relativo á avaliación e pago da actividade investigadora (sexenios) como en relación ao recoñecemento da actividade docente (quinquenios). 

viernes, 19 de enero de 2018

Una científica rompe el silencio sobre los contratos ilegales en centros de investigación


¿Qué está pasando para que en este país se desprecie la labor de las/los investigadoras/s tan con tanto descaro?

¿Qué es lo que permite que además se haga desobedeciendo las leyes europeas que obligan a respetar el principio de no discriminación de las/los trabajadores independientemente de la duración de sus contratos?

Es una situación que se deriva del empeño en las administraciones públicas por funcionar siguiendo unas prácticas basadas en una supuesta rentabilidad sólo posible con la detracción constante de derechos del/a  trabajador/a. Se trata de una incorporación totalmente acrítica e ilógica de relaciones contractuales que no sólo no cuidan de las personas,  y de las instituciones, sino que invitan a desconfiar de las mismas. Las recientes sentencias del Tribunal Europeo en esta materia y las específicas sanciones que se imponen a España por su constante incumplimiento siguen sin respetarse.

Esta situación aboca a una constante, costosa y agotadora acción judicial que sólo en contadas ocasiones, como esta, tienen final feliz, pero a costa de una pérdida de tiempo y energía por parte de trabajadoras/es y empresas que no creemos que este país se pueda permitir en el actual contexto de crisis y déficit de empleo. 

jueves, 11 de enero de 2018

Sentenza pioneira gañada por CCOO a favor do PDI temporal sobre avaliación da actividade investigadora


enseñanza

federación de enseñanza
de comisiones obreras
gabinete técnico-jurídico



CCOO GANA SENTENCIA PIONERA CONTRA LA SECRETARIA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL Y UNIVERSIDADES DEL MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE POR DISCRIMINAR AL PERSONAL DOCENTE E INVESTIGADOR TEMPORAL EN LA EVALUACIÓN DE LA ACTIVIDAD INVESTIGADORA

El Juzgado Central de lo Contencioso Administrativo N º 8 ha dictado Sentencia de 26 de diciembre de 2017, por la que declara la estimación de la demanda interpuesta por la FEDERACIÓN DE ENSEÑANZA DE CCOO contra la Resolución de la Secretaria de Estado de Evaluación, Formación Profesional y Universidades, por la que se fija el procedimiento y plazo de presentación de solicitudes de evaluación de la actividad investigadora a la Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora. 

La Sentencia entiende que la Resolución impugnada limita la solicitud de la actividad investigadora al funcionario de carrera, impidiendo y negando el derecho a dicha evaluación al funcionario interino de los cuerpos docentes universitarios, funcionarios interinos investigadores Científicos y Científicos titulares del Consejo Superior de Investigaciones Científicas y al personal docente e investigador con contrato temporal. El juzgador llega a la conclusión de que: “Dado que la Resolución objeto de este contencioso establece que únicamente pueden presentar la solicitud de la actividad investigadora los funcionarios de carrera de los cuerpos docentes universitarios y Científicos Titulares del Consejo Superior de Investigaciones Científicas, aun cuando es lo cierto que no prohíbe ni excluye expresamente a los funcionarios interinos, (…) tácitamente impediría a éstos solicitar dicha evaluación al amparo de la Resolución impugnada”.

De este modo, considera el Central que en base a la normativa comunitaria y jurisprudencia, aunque ésta fuera en el ámbito laboral, se aprecia vulneración del principio de discriminación respecto del personal docente temporal. 

La FECCOO ha pedido una reunión urgente al Ministerio de Educación para exigirle que modifique la convocatoria de evaluación de la actividad investigadora publicada en el BOE del 16 de diciembre de 2017; que garantice, al personal docente e investigador temporal, el derecho a ser evaluado de su actividad investigadora tal y como reconoce la sentencia y que se amplíe el plazo de presentación de solicitudes. La FECCOO también se dirigirá a la Presidencia de la CRUE para que las Universidades habiliten los procedimientos oportunos. 

9 de enero de 2018

Ramírez de Arellano, 19, 1ª planta
28043 Madrid
Tel. 91 540 92 03
www.fe.ccoo.es

Afiliada a la Internacional de la Educación (IE) y Al Comité Sindical Europeo de la Educación (CSEE)

jueves, 18 de mayo de 2017

Persistente abuso de dereito por parte das administracións ao empregar contratos de interinos ou eventuais para cubrir necesidades permanentes de traballo.

Maruja Mallo. Esqueleto (dinosaurio traslúcido), 1933. 
En España, son xa moitas as administracións públicas que incurren repetidamente no abuso da contratación de interinos ou eventuais para cubrir necesidades permanentes de traballadores e traballadoras.

Nunha situación de permanente crise na creación de emprego, resulta especialmente rexeitable que dende instancias que deberían ser exemplares na súas prácticas, atopemos casi a diario exemplos destes abusos, coma o de hoxe, no que un hospital público terá que facer indefinida a unha traballadora á que conotratou de seguido con 268 contratos.

O pasado mes de setembro, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou tres sentenzas pioneiras que chamaban a atención severamente ao Estado Español sobre o uso abusivo da contratación temporal.

Estas sentenzas obrigan a quen incurra nestras prácticas a ter que recoñecer como indefinidas as persoas que teñan sido contratadas baixo estas situacións abusivas.

Contratar como interinos ou temporais a persoas de xeito indefinido non só supón unha discriminación laboral para estas persoas que ven prolongarse sine die a súa situación de precariedade e discriminación, senón que, producen unha parálise na creación de emprego público, ao cubrir con contratos temporais necesidades permanentes de traballadoras e traballadores, que é xustamente a que tiña que posibilitar as ofertas de emprego público hoxe case inexistentes e que son imprescindibles para rematar coa perda continua de emprego. 

lunes, 1 de mayo de 2017

Miles de persoas demandaron neste Primeiro de Maio en Galicia que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía

  • CCOO e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.

Porque «xa non hai escusas» para que os traballadores e as súas familias continúen á marxe da recuperación económica, insistiron os sindicatos.

Neste Primeiro de Maio, os secretarios xerais de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e UGT, José Antonio Gómez, denunciaron que a tímida mellora da situación do emprego está «ensombrecida» por máis e máis precariedade. Aqueles persoas que teñen un posto de traballo están a ver día tras día diminuídos os seus ingresos, pois ter un traballo «xa non garante ter unha vida digna», lamentaron os dirixentes sindicais ao remate da manifestación principal, na Coruña.

Tamén as persoas pensionistas ven diminuídos os seus ingresos, malia que as pensións, nos peores momentos da crise, foron dos principais baluartes para sustentar a moitas familias. Asemade, as persoas que continúan en situación de desemprego, aínda ven como resulta cada vez máis difícil acceder aos instrumentos de protección social habilitados.

Os secretarios xerais de CCOO e UGT afirmaron hoxe que «é preciso que a clase traballadora poida vivir dignamente co froito do seu traballo, e que aquelas persoas que non teñen un emprego poidan acceder a un en condicións dignas».

Os datos revelan que, malia que a economía medra, Galicia segue sen recuperar emprego. O PIB xerado en Galicia no 2016 medrou, en relación ao 2007, previo ao estalido da crise, en 1.611 millóns de euros. «Algo está fallando», advertiron Aguión e Gómez.

Fronte a isto, entre o cuarto trimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2016 perdéronse en Galicia más de 146.000 ocupados. Galicia está entre as comunidades autónomas que máis emprego perde nestes anos, só superada por Estremadura e Valencia. O desemprego subiu neste mesmo período en 107.800 persoas, un 111,8 por cento máis.

Con todo, os dirixentes sindicais alertaron dunha realidade «aínda máis preocupante»: a situación «límite» de moitas familias galegas a causa do paro de longa duración, que se converteu xa nun elemento estrutural e que está a xerar situacións de pobreza e exclusión social. O paro de longa duración pasou de representar o 27,7 por cento no 2007 ao 58,2 por cento na actualidade. «Xa son moitas as persoas, con familias detrás, que non conseguen escapar da lacra do desemprego e a realidade evidencia que canto máis tempo nesta situación máis difícil é saír da mesma», apuntaron.

Por todo isto, criticaron que os mecanismos articulados pola Xunta en materia de emprego «é evidente que non funcionan», polo que instaron a Administración galega a pór riba da mesa todas as medidas necesarias para romper o «círculo vicioso» do desemprego que se instaurou no mercado laboral galego.

Malia complexa realidade, a Xunta reduciu a dotación orzamentaria en políticas activas de emprego en máis de 137 millóns de euros dende o ano 2008. A este recorte de fondos hai que sumarlle o recorte en prestacións e o endurecemento no acceso ás mesmas, imposta polo Goberno central. De feito, en Galicia quedan fóra do sistema de protección 110.000 persoas en situación de desemprego.

Neste contexto, as mulleres seguen a levar a peor parte. A taxa de actividade das mulleres galegas está a cola do Estado; a taxa de temporalidade entre as mulleres galegas é case catro puntos superior á dos homes; a taxa de paro segue sendo superior a das mulleres, en 1,3 puntos, e tan só o 43,3 por cento das mulleres en paro perciben prestacións, fronte ao 56,7 por cento dos homes. E que dicir dos mozos que vense obrigados a abandonar Galicia na busca dun futuro mellor ante a falta de expectativas de cara ao seu futuro.

Segundo Aguión e Gómez, todo isto ten «consecuencias dramáticas»: as desigualdades, a pobreza e o aumento progresivo da exclusión social, afectando a máis do 22 por cento da poboación.

Fronte a esta realidade, ambos sindicatos demandan:

— A derrogación das reformas laborais, que instalan a precariedade como norma de contratación e só fomentaron a desigualdade e a perda de dereitos.

— Pór en marcha un plan de choque polo emprego con recursos.

— Devolver o equilibrio de forzas na negociación colectiva, para que os sindicatos e empresarios poidan negociar en igualdade de condicións.

— Reformar o sistema de prestacións por desemprego para facer que chegue a todas as persoas en situación de desemprego.

— Un SMI suficiente e estable, chegando aos 1.000 euros a finais da lexislatura.

— Unha Lei de igualdade salarial.

— Derrogar a reforma das pensións de 2013. As pensións teñen que subir por riba do IPC.

— Hai que acometer unha reforma fiscal integral que consiga máis ingresos e reparta mellor os esforzos, así como loitar contra a fraude fiscal.

— É preciso poñer en marcha unha prestación de ingresos mínimos para todas aquelas persoas que, querendo traballar, non o poden facer.

— A recuperación progresiva do gasto en sanidade, educación, protección social e axuda á dependencia.

— Un Plan Estratéxico para a industria.
FOTOS DA MANIFESTACIÓN EN VIGO






















40º aniversario da legalización das CCOO.

40.º aniversario da legalización das CCOO.

O 27 de abril de 1977, hai xa corenta anos, foron legalizadas as Comisións Obreiras, que foran desde a clandestinidade, xunto co Partido Comunista, as forzas sociais máis activas contra a ditadura. Isto permitiu o nacemento legal e xurídico da Confederación Sindical de CCOO e, xa en 1978, do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Hoxe, 1º de maio, celebramos especialmente o día do traballo lembrando e agradecendo os dereitos que herdamos grazas aos esforzos dos nosos e nosas devanceiras.  Lembramos hoxe en especial ás mulleres pioneiras na loita solidaria pola reivindicación dos seus dereitos.

viernes, 21 de abril de 2017

Sentenza revolucionaria do Tribunal Supremo sobre despedimento de interinos


Maruja Mallo. Dúas mulleres na praia, 1928)
fonte da imaxe
Nunha nova reviravolta no asundo dos despedimentos do persoal interino nas administracións, o Tribunal Supremo ven de ditar unha sentenza moi relevante por canto segue a insistir no castigo que a Unión Europea aplica a España pola discriminación no recoñecemento de dereitos laborais entre traballadores fixos e temporais.

Dende que se plantexou esta problemática, CCOO tense posto ao servizo das persoas afectadas artellando incluso campañas de apoio xurídico para coadxuvar na resolución de conflictos que se prensentan cando unx traballadorx pode ver que o seu posto de traballo está ameazado cun despedemento que ademáis, por tratarse de contratos fraudulentos, en moitas ocasións, terían que contemplar as indemnizacións que estiman estas sentenzas.

Non sabemos, a día de hoxe, a política que a Universidade de Vigo, vai aplicar nestes casos. Agardamos que a legalidade e o escrupuloso respecto a estas leis e sentenzas sexan o modus operandi da nosa institución.

Giro del Supremo en el despido de los indefinidos no fijos. Una sentencia ordena indemnizar con 20 días a una investigadora. La justicia de la UE advirtió de la precariedad de estos empleados. 

SEGUIR LENDO

jueves, 6 de abril de 2017

Fito Histórico conseguido por CCOO na Oferta de Emprego Público




Esta reivindicación, que xa formalizou CCOO en xuño de 2016, faise agora realidade no documento o pasado 3 de abril no Ministerio de Hacienda para o conxunto das Administraciones Públicas. O acordo inclúe a convocatoria dunha Oferta de Emprego Público (OEP) excepcional que podería superar as 270.000 prazas.

CCOO-Universidade de Vigo felicítase por este acordo para combater a precariedade no sector público. 

Nos próximos tres anos, en Galicia, poderían ofertarse nas OPE todas as prazas por reposición de xubilacións e consolidar dous mil empregos docentes. 

CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas no Estado, leva moito tempo loitando para eliminar o «abuso» na contratación no sector público. De feito, o acordo avala as teses do sindicato, que xa en xuño do ano pasado propuxera unha OPE excepcional para rematar coa precariedade.

Co acordo que agora se alcanza, o obxectivo é reducir as interinidades a un máximo do 8 %. A Federación do Ensino de CCOO coida que no caso galego se debe aspirar a situar a eventualidade en menos do 5 %, que era o parámetro previo ao regreso do PP á Xunta. O sindicato defende uns servizos públicos «potentes» e unha escola pública de calidade.

Perda de poder adquisitivo. Doutra banda, CCOO-Universidade dei Vigo, amosa o seu desacordo polo incremento salarial do 1 % proposto polo Gobeno de España, nun momento en que o IPC estatal está no 3 %, o que suporía unha nova perda de poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos.

Comisións insiste en que cómpre acometer un plan plurianual de recuperación dos dereitos perdidos —sobre todo canto ás retribucións e á xornada— e a garantía de que non haxa novas perdas. «O Goberno central leva dous anos insistindo na chegada da recuperación económica, pero as empregadas e empregados públicos non a ven», censura o sindicato.

viernes, 10 de marzo de 2017

As universidades tamén agardan poder convocar prazas de profesorado.

Ana Graña, vicerreitora de profesorado da Universidade de Vigo afirma, hoxe nun artigo publicado na Voz de Galicia, que "o cen por cen da taxa de reposición é o peor dos escenarios". Na universidade de Vigo esa taxa correspóndese ás 20 xubilacións que se deron no pasado ano 2016. No caso da univerisdade de A Coruña, foron 28 baixas por ese motivo e a de Santiago só pode cubrir o 65% das xubilacións. 

miércoles, 8 de marzo de 2017

8 de marzo. Día Internacional da Muller


Máis igualdade
Hoxe en día, ter un traballo e un salario non garante unhas mínimas condicións de vida porque os ingresos non abondan para cubrir as necesidades básicas das mulleres. Esta realidade, xunto coa destrución de emprego, o traballo a tempo parcial, a eventualidade e a segregación ocupacional, configuran un panorama no que é difícil pensar sequera en ter fillas ou fillos.

Galicia despobóase, a media de idade aumenta. Galicia empobrécese porque as mulleres se empobrecen, vítimas da precariedade. Son imprescindibles políticas públicas que creen emprego de calidade e que corrixan con efectividade a desigualdade. Mentres non se actúe nesa dirección, as galegas seguirán abocadas á pobreza e á emigración.

Cada ano, a Secretaría da Muller do Sindicato Nacional de CCOO fai balance da situación das mulleres no emprego, con especial atención á calidade dos postos de traballo, ás diferenzas salariais, a como incide o desemprego entre a poboación feminina ou a que sectores están máis ou menos feminizados. Esta valiosa información bota luz sobre as brechas estruturais de xénero que perpetúan unha división sexual do traballo.

Coa contundencia dos datos, podemos describir con fidelidade a dura realidade en que viven as mulleres galegas. Un país que non inviste na creación de emprego e no benestar das persoas, que non fai esforzo ningún para corrixir a desigualdade e a discriminación, ten un futuro escuro. É unha anomalía que perdura no tempo e conforma unha realidade de desemprego, precariedade, segregación ocupacional e pobreza salarial. E como adoita suceder, a realidade, tan teimuda, acábanos por dar a razón.

As dificultades para poder vivir do seu traballo, a falta de oportunidades e de emprego digno e con salario suficiente empurran a mocidade á emigración. Así é como se chama, non «mobilidade exterior». As mozas e mozos que teñen que marchar á procura de oportunidades noutros países son emigrantes económicos. Coa súa partida, Galicia perde capital humano, intelectual e profesional, amais de provocar un drama persoal a estas persoas e as súas familias.

Os datos do Instituto Galego de Estatística revelan que, desde o ano 2010, residen en Galicia 79.128 persoas menos, das que o 48,52 % serían mulleres. A poboación feminina mingua, especialmente no tramo en idade legal para traballar, con maior incidencia na franxa de 20 a 34 anos. A idade media das mulleres galegas estaba nos 46,4 anos en xaneiro do 2010 e cinco anos máis tarde subía ata os 47,8 anos.

A poboación estranxeira ten un peso pouco significativo en Galicia en comparanza coa media estatal. Ata o 1 de xaneiro de 2016 representaba o 3,2 % da poboación total, mentres que no conxunto do estado se triplica ata o 9,5 %. Peso escaso que, á luz dos datos, intuímos que segue a baixar: desde xaneiro de 2010 hai empadroadas en Galicia 21.704 persoas menos de nacionalidade estranxeira. Por riba, Galicia está á cola do estado canto ao número de persoas refuxiadas que acolle.

Os datos demográficos de Galicia amosan unha dura realidade de descenso de natalidade e envellecemento da poboación, de incapacidade de fixar poboación moza e inmigrante. Isto é indiscutible e débese á falta de expectativas laborais e a imposibilidade de desenvolver un proxecto de vida. A precariedade laboral, a temporalidade ou os atrancos para conciliar vida laboral e familiar tampouco axudan.

Mención á parte merece a fenda salarial. As mulleres galegas cobran un 22,1 % menos que os homes, e ademais son maioría nos tramos salariais máis baixos. Segundo fontes da Axencia Tributaria, o 36,34 % das mulleres asalariadas teñen ingresos igual ou por debaixo do salario mínimo interprofesional. Isto chámase pobreza salarial, mulleres pobres con traballo.

Esta é a realidade que lle queremos amosar ao presidente da Xunta, a realidade que Núñez Feijóo non coñece ou non quere ver. Cando se fan discursos mostrando preocupación polo problema demográfico pero durante anos non se poñen en marcha medidas estruturais para modificar a realidade, entendemos que non é unha preocupación real.

Xa fracasaron dous plans de dinamización demográfica —ampuloso título para ridículas accións— do Goberno, por iso CCOO esixe este 8 de marzo medidas efectivas de carácter estrutural. Afrontamos a realidade que evidencian os datos, por iso esiximos investimentos en políticas públicas que eliminen as desigualdades e xeren empregos cos que as mulleres poidan emprender proxectos vitais e se fixe poboación no noso país.

viernes, 3 de marzo de 2017

O goberno modifica o contrato axs investigadorxs predoctorais

Foto: Belas Artes, Universidade de Vigo
O goberno, en 2015 e de xeito retroactivo, ten mudado a modalidade de contratación dxos investigadorxs predoctorais que dun día para outro e sen ser informadxs previamente pasaron de ser traballadorxs con contrato por obra o servizo a traballadorxs en prácticas. Se ben este cambio non parece ter consecuencias a nivel de dereitos económicos, sí que hai razóns para dubidar da inocuidade desta medida posto que os contratos en prácticas contemplan unha duración de dous anos (fronte aos catro que se contemplan nas axudas predoctorais) e que esta modalidade de contrato non contempla dereito a indemnización.

jueves, 2 de marzo de 2017

A USC terá o primeiro conveni de España para os contratados por proxectos.

Eliseo Pérez, físico na USC e representante de CCOO.  Fonte: La Voz de Galicia 

A Universidade de Santiago terá o primeiro convenio de España para contratados por proxectos. Regulará os salarios, as categorías e os beneficios laborais de 600 traballadores e traballadoras. VER NOTICIA COMPLETA.

Eliseo Pérez, físico da USC dí que non teñen máis dereito que un contrato. (ler máis)

jueves, 2 de febrero de 2017

NOTA INFORMATIVA SOBRE A REUNÓN CON REPRESENTANTES DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

NOTA INFORMATIVA SOBRE A REUNÓN CON REPRESENTANTES DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE
Nantronte, 31 de xaneiro,  celebrouse unha reunión con representantes do MECD á que asistiron o Secretario de Estado de Educación, FP e Universidades (Marcial Marín), o Secretario Xeral de Universidades (Jorge Sainz) e o Xefe de Gabinete do SG de Universidades (Enrique Collell). Por parte dos sindicatos asistiron representantes de FECCOO, FeSP-UGT, CSIF e CIG.
O MECD convocou a reunión para dar resposta á demanda, formulada polas organizacións sindicais, de constituír formalmente a Mesa de Negociación de Universidades para abordar os temas que históricamente formulamos e que reiteramos o pasado mes de decembro (comunicado conxunto 16-12-2016).
A reunión comezou cunha intervención do Secretario de Estado na que manifestou o seu compromiso de constituír a Mesa de Universidades. Igualmente, propuxo os temas que en opinión do Goberno deberíamos negociar na Mesa, en desenvolvemento da proposición non de lei relativa á aprobación dunha “Estrategia Española para la Educación Superior”  acordada no Congreso pola maioría de grupos parlamentarios.

Os temas fundamentais que mencionou o representante do Goberno foron as seguintes:
◦Aprobar e desenvolver un modelo de financiamento sostible e plurianual.
◦Establecer unha carreira académica previsible mediante un Estatuto do Personal Docente e Investigador que regule as condicións de traballo e a carreira profesional, consensuado coa comunidade académica, as comunidades autónomas, as organizacións sindicais e outras institucións implicadas.
◦Garantir un modelo de bolsas e axudas ao estudo baseado na suficiencia, a equidade e a cohesión social.

O MECD informounos de que contactara coa Secretaria de Estado de Función Pública (Elena Collado), para analizar as fórmulas legais que permitan constituír a Mesa de Universidades. A súa conclusión é que debe aprobarse nunha norma con rango de lei.
Por último, enmarcou a súa vontade de negociación no marco do Pacto Educativo   informounos da posta en marcha da subcomisión específica creada no Congreso. Esta subcomisión dispón de 6 meses para elaborar os correspondentes informes, incluído o ámbito universitario.

Os sindicatos compartimos a necesidade de constituír formalmente a Mesa e consideramos que é necesario manter unha reunión conxunta coa Secretaria de Estado de Función Pública para concretar o contido da norma. O MECD comprometeuse a convocar esta reunión o antes posible.

Asi mesmo, manifestamos a nosa disposición a negociar o Estatuto do PDI, tendo en conta os documentos traballados co MECD durante o ano 2011, e o resto dos temas formulados polo MECD. Non obstante lles recordamos que hai outros temas, algúns vinculados aos orzamentos xerais (taxa de reposición), que tamén debemos negociar para o que propuxemos un calendario de reunións para este grupo de traballo.
O MECD  comprometíuse a establecer unha periodicidade trimestral nas reunións, a próxima será antes de Semana Santa.

Madrid, 31 de xaneiro de 2017