miércoles, 11 de enero de 2017

Condeado a 7 anos de prisión un catedrático de Sevilla por abusar sexualmente de tres profesoras


A noticia deste novo caso de abuso no contexto universitario ten á forza que facernos reflexionar sobre o grado de responsabilidade que temos todos e todas cando intuimos ou sabemos de casos de inxustizas que se perpetúan na noso ámbito e non somos quen de ofrecer canles para a súa reparación. Estas situacións son totalmente evitables cando se traballa no entorno de confianza e respeto que se supón é o que rexe nas comunidades universitarias.

CCOO consegue que Educación modifique a súa interpretación da convocatoria de avaliación da actividade investigadora.



O Ministerio de Educación publicou unha nota na súa páxina web na que indica que o tempo de permanencia do profesorado funcionario en situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou familiar/es no seu cargo é computable a efectos de avaliación da actividade investigadora.

A Federación de Enseñanza de CCOO (FECCOO) interpuxo o pasado 20 de decembro un recurso contra a Resolución de 30 de novembro de 2016, pola que a Secretaría de Estado de Avaliación, Formación Profesional e Universidades fixa o procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora.
O sindicato recorreu dita Resolución porque discrimina a personal interino e mulleres, dificultando a súa carreira profesional. En concreto, a Resolución sinala no seu artigo 2.7.b. que poderán solicitar a avaliación “aqueles que nunca se presentaran anteriormente e cumpran un mínimo de seis anos avaliables o 31 de dicembro de 2016”. FECCOO argumentou que a forma na que se computa este tempo, establecido no artigo 10 da orden de 1994, discrimina a aquelas profesoras que puideron ou podan gozar dunha excedencia por coidado de fillos/as, maternidade e lactancia.
O Ministerio de Educación reaccionou publicando na súa páxina web a nota “Convocatoria Sexenios Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora”, que conclúe, en base ao  recollido no artigo 89.4 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que “os funcionarios de carreira que se encontren en excedencia para atender o coidado  dun ou varios fillos, ou  dun familiar que se encontre ao seu cargo, poderán incluír na súa solicitude de avaliación de sexenios os anos (e as achegas elaboradas e publicadas ditos anos) que permaneceran  en dita situación administrativa de excedencia”.
Educación entende agora que o tempo de permanencia do Personal Docente e Investigador (PDI) funcionario en situación de excedencia para atender o coidado de fillos/as ou o de familar/es ao seu cargo é computable a efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime de seguridade social que sexa de aplicación.
CCOO valora positivamente este cambio, aínda que cree que non é suficiente, posto que todavía non se recoñece de forma explícita o período de baixa por maternidade e lactancia. Asi mesmo, esixe novamente o Ministerio de Educación que modifique a convocatoria de sexenios e inclúa nela ao PDI funcionario interino para evitar unha discriminación que non está xustificada, como recentemente recolleu o Tribunal de Xustiza da Unión Europea nas súas sentenzas, que afirman igualdade de trato entre os empregados públicos temporais e fixos.


martes, 10 de enero de 2017

CCOO Sanidade: Manifestación polo centro de saúde de Navia. Mércores 11 de xaneiro.



MANIFESTACIÓN o mércores 11 de xaneiro, ás 19:00 horas desde o número 18-20 da rúa Teixugueiras até o Centro de Saúde de Navia.

A situación puntual que afecta ao Centro de Saúde de Navia é un indicador do que está a suceder na Atención Primaria da Área de Vigo.

A falta de persoal na Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo é ben coñecida por todas e todos pois a sufrimos cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia. Esta situación agrávase aínda máis cando necesitamos acudir ás consultas de pediatría. As causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría, xunto cunha política de contratación so centrada no aforro económico.

Por todo isto reclamamos, de xeito urxente:

·        Utilizar tódolos recursos dispoñibles na actualidade no Centro de Saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Este Centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a Pediatría.

·        Crear un Centro de Atención Primaria no Anexo II do H. Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral.

·        Dedicar os Centros de Especialidades, tralo seu peche, á Atención Primaria para mellorar o espazo dispoñible no CS da Dobrada e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia.