jueves, 18 de mayo de 2017

Persistente abuso de dereito por parte das administracións ao empregar contratos de interinos ou eventuais para cubrir necesidades permanentes de traballo.

Maruja Mallo. Esqueleto (dinosaurio traslúcido), 1933. 
En España, son xa moitas as administracións públicas que incurren repetidamente no abuso da contratación de interinos ou eventuais para cubrir necesidades permanentes de traballadores e traballadoras.

Nunha situación de permanente crise na creación de emprego, resulta especialmente rexeitable que dende instancias que deberían ser exemplares na súas prácticas, atopemos casi a diario exemplos destes abusos, coma o de hoxe, no que un hospital público terá que facer indefinida a unha traballadora á que conotratou de seguido con 268 contratos.

O pasado mes de setembro, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou tres sentenzas pioneiras que chamaban a atención severamente ao Estado Español sobre o uso abusivo da contratación temporal.

Estas sentenzas obrigan a quen incurra nestras prácticas a ter que recoñecer como indefinidas as persoas que teñan sido contratadas baixo estas situacións abusivas.

Contratar como interinos ou temporais a persoas de xeito indefinido non só supón unha discriminación laboral para estas persoas que ven prolongarse sine die a súa situación de precariedade e discriminación, senón que, producen unha parálise na creación de emprego público, ao cubrir con contratos temporais necesidades permanentes de traballadoras e traballadores, que é xustamente a que tiña que posibilitar as ofertas de emprego público hoxe case inexistentes e que son imprescindibles para rematar coa perda continua de emprego. 

Coa túa opinión traballamos mellor

Publicar un comentario

Coa túa opinión traballamos mellor, grazas.